Quen canta, seus males espanta!



Quen canta, os seus males espanta! 

Sesión II A saúde mental, no Club de Lectura

Este venres pechabamos as sesións sobre a saúde mental no Club de Lectura. Esta vez fixémolo interpretando temas de Rozalén ou Pablo López, axudados polas pautas de Sandra, a profe de música. Mais que cancións, algunhas letras, son casi poemas, que nos levan sutilmente a falar  do mundo da depresión ou a reflexionar sobre o suicidio nos adolescentes.


 O caso e que cantar, vaia que si cantamos, hoxe a afinación non era o mais importante, si atopamos nestas letras formas de atopar unha saída nos momentos mais difíciles. Vale..., si, o mellor foi  botar unhas risadas cantando no tempo de lecer. Vese que é certo iso de que o que canta... Igual ata repetimos!


                                                                                                                              👀

Ah! casi esquecemos que e  hoxe, o  alumnado de 1º da ESO, fíxose cargo  de presentar as mochilas viaxeiras de lectura as súas familias. Un anaquiño do mundo da nosa biblio emprende a súa viaxe. Aínda que moitas familias xa nos coñecen e participan  nos club de lectura,  activos no centro, esta é unha maneira mais de comunicarnos e facernos ver.


Eles dín que, non teñen tempo de ler, que están todos na casa moi ocupados, pero a biblioteca esta por riba do tempo para a lectura, é facer comunidade, conectarmonos a través desta mochila vermella e agardar que de pé á conversa e a reflexión sobre este universo, e uns poucos darán o paso de entrar  neste Planeta Lector, na Biblio do Poeta Díaz Castro en Guitiriz.




Agardamos que as familias,  deixen
un 
comentario breve no caderno que recolle as opinións, necesidades e inquedanzas. 😉😉😉





Comentarios