Catro anos KPACES. Novos puntos de partida.
KPACES e punto . Deseño, creatividade e ilusión.
Por cuarto ano consecutivo, na biblio do Poeta Díaz Castro, buscamos a maneira de non perder o fío, de seguir desarrollando competencias socias, facendo comunidade desde a nosa biblioteca.
Cada curso é un reto; horarios, calendarios de actividades e exames, burocracia, compaxinar horarios de alumnado, familias e colaboradores e colaboradoras, é difícil. Atopar o momento para poder saír e visitar os puntos de lectura que temos activos na vila para a veciñanza, non , non é fácil.
Este ano por cuestións de horario e organización limitaremos as saídas cos grupos de maiores no centro de día e baixamos a participación no grupo de memoria cos maiores na biblioteca" Casa Habanera". Iniciamos no instituto este proxecto de relación social e aprendizaxe entre xeracións, pero eles mesmos están agora a seguir os nosos pasos e conectando en comunidade con escolas e veciñanza, polo que a nosa semente xa está a medrar. Pero, novas ideas xorden e as conexións seguen fluíndo nesta comunidade activa.
Este ano o punto de partida é simplemente un punto. O punto dunha cámara creada por nós que nos irá levando pola historia, a literatura , os deseñadores e os versos a outros puntos inesperados. Xa sabedes a historia do punto que quería ser raia, pois iso.
O biblio equipo KPACES, xa investiga sobre as creacións pictóricas basadas no estenopo fotográfico, un punto que da pé seguro a un sin fín de puntos creativos máis. Quedade neste blog da biblio do Poeta Díaz Castro; todo é posible.
Comentarios
Publicar un comentario