Deseño e creatividade con Laura Villar

O biblio equipo KPACES, chega a un novo punto, no proxecto deste ano; o punto de encontro cunha deseñadora galega con moita raíz en Guitiriz; Laura Villar. 
Laura foi alumna deste instituto, hoxe é o alumnado de 3 ESO de Prox. Competencial que a recibe para falar de deseño e creatividade.
O equipo da Radio Fábrica de Poetas de 3 ESO, repasa os puntos e preguntas de interese para facerlle a Laura. Publicaremos momentos desta entrevista, na nosa canle biblioguiti you tube.

O alumnado de 3 ESO, asistiu seguidamente a un obradoiro de deseño, no que tiveron tamén a oportunidade de descubrir en primicia algún dos últimos traballos, no que Laura Villar pasa dos versos rosalianos aos de Castelao a través de diferentes técnicas, fíos e tecidos. Non se lle pode pedir mais. 
Grazas Laura por volver polo teu instituto, agardamos que sigas medrando como artista e que poidamos disfrutar aprendendo contigo.



Comentarios

Entradas populares de este blog

PARA QUE LES?

PARA QUE LES?

Se canto é porque quero.