Do punto ao verso. A viaxe creativa continúa.
Unha viaxe desde a fotografía aos versos.
Chegamos ao mes de febreiro e mentras as cámaras estenopeicas do biblio equipo KPACES, recollen o movemento solar, investigamos sobre Ruth Matilda Anderson a fotógrafa que inmortalizou unha Galicia de hai 100 anos. A súa aventura inspiranos a recoller a través de cámaras fotográficas creadas artesanalmente por nós as pequenas cousas da vida cotiá; pararnos simplemente a observar. No terceiro trimestre continuamos as novas experiencias neste proceso creativo en torno ao punto, ao noso estenopo.
Ruth Matilda inspira tamén a colección de deseño de Laura Villar que nos visitará nas próximas semanas. Aproveitamos esta visita para crear un taboleiro con debuxos e tipografías propias e acompañadas dos versos de Rosalía e Castelao. Escollemos estes textos pois axudaránnos a entender mellor a filosofía de raíz que ten a nosa proxima visita na biblioteca.
Hoxe deixamosvos o resumen deste traballo creativo:
Comentarios
Publicar un comentario