Contos por palabras e outros
O CL volveu ás andadas este curso. A sección de adultas comentou as lecturas de verán: As torres abolidas de Xosé Miranda (recomendación de Marica Campo) e Beleza vermella de Arantxa Portabales (proposta dunha nai) en setembro. Os seguintes libros son O povo improvisador de Séchu Sende e La mala costumbre, de Alana S. Portero.
A rapazada tivo un par de xuntanzas para comentar volumes de Mafalda, esa nena grande que acompañou varias xeracións de lectores/as. Agora andamos con Contos por palabras, aproveitando que dán para ler e para escribir historias.
En breve faremos o recital en homenaxe ás escritoras, centrado en Begoña Caamaño: outubro non deu para máis.
![]() |
| De esquerda a dereita: Contos por palabras para escribir e para comentar, e xuntanza de adultos. |

Comentarios
Publicar un comentario