Entradas

Concerto de A lus do mundo

Imagen
Concerto de A lus do mundo O pasado 20 de outubro os alumnos mais veteranos da aula de música ; “A Lus do Mundo”, interpretaban varias pezas no centro cultural “Casa Habanera” en Guitiriz apertura dos actos de inauguración da programación cultural da UNED para o curso 2015/16. Os alumnos de música de 1º de Bacharelato, traballaron duro neste primeiro mes de curso, para presentar o seu programa para estes actos, no que mesturamos a poesía de X.M Díaz Castro coa música da súa profesora Sandra Tenreiro e o máis relevante o tema “HEI GUIARTE” un tema composto pola alumna de música Sabela Salgueiro que foi arranxado instrumentalmente e interpretado xunto cos seus compañeiros de aula. Pronto saberemos máis destes rapaces que intentarán levar fora do centro o seu proxecto de aula “MUSIKÉ” no que traballaron o pasado curso e do que foi froito a posta en escena da obra “ A noite é necesaria” dirixida por Sandra Tenreiro , unha nova maneira de achegar a poesía a xente nova...

Artesanía da madeira

Imagen
O pasado mércores, 21 de outubro, estivo no centro o artesán Vicente Ledo, representante da asociación de   Obradoiros artesáns da Terra Cha .   Trátase dun colectivo implicado na pervivencia do noso patrimonio cultural e artístico, que pretende, através de visitas aos centros educativos, fomentar o interese dos rapaces no traballo e na producción dunh artesanía propria e sostible para a comarca chairega Ao longo da mañá todos os grupos do instituto poideron asistir a unha demostración do seu traballo co   torno   de   madeira . Vicente ademáis explicou moitas cousas sobre o traballo da madeira e respostou a todas as dúvidas dos rapaces

FIN DE TEMPORADA

Imagen
Todos os anos rematamos o curso cun pequeno festival organizado pola biblioteca onde se reparten o diferentes (este ano moitos) premios de concurso organizados pola biblio e outros departamento, onde hai un tempo para recordar algunhas das actividades que fixemos durante o curso con imaxes (pincha aquí se queres velas) e onde tamén hai tempo para algunha actuación. Este ano os profes deron a nota e... non os resistimos a poñer o vídeo. En todo caso ben vale como mostra dun ambiente de traballo do que estamos satisfeitos. Ata o ano que ven.

CONCURSO NOVOS TALENTOS

Imagen
  O venres 22 entregáronse en Baiona os premios do “VII Concurso Coca-Cola Novos Talentos. Premio de Relato Curto”, convocado conxuntamente por Coca-Cola, Iberian Partners e pola Secretaría Xeral de Política Lingüística. Alí estivo Antía Sánchez de 2º de ESO B acompañada polos seus pais e a profesora María Miragaya. Concéderonse tres premios por cada un dos sete sectores recollidos nas bases   (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Vigo, Ourense e Pontevedra) e PRIMEIRO premio de Lugo foi para   Antía de 2. A alegría foi grande, pois maila que xa era seguro que adara un premio non sabíamos cal.   PARABÉNS!!   e continua escribindo. Parece que na primeira fase tiveron que facer un relato curto que tiña como palabra inspiradora “luz” e claro, Antía de “esa lus” algo sabe, ou non?

LETRAS GALEGAS 2015

Imagen
Aquí tedes un pequeño resumo do que foi a nosa celebración do día das Letras Galegas na praza do pobo o pasado día 20. Aproveitamos para agradecer a Adrián e a Oscar de 2º ESO as imaxes Se queres escoitar e ver todas as cancións pincha aquí Se queres escoitar e ver todos os poemas pincha aquí

LETRAS GALEGAS 2015

Imagen
Acudimos un ano máis a nosa cita coa música e a poesía no mercado de Guitiriz. O mércores 20 de maio, aproveitando o día de mercado, xuntámonos na praza do pobo  alumnos e alumnas do instituto e do colexio de primaria, profesores e mestres, pais e nais e canto quixo pasar de gozar dun pouco de música e poesía para celebrar, cun pouco de retraso,  o día das letras galegas. Arrancamos co son das gaitas dun grupo de alumnos da escola de música do concello e baixo un ceo que que apuntaba un chuvieira primaveral foron pasando polo escenario pequenos e pequenas de 1º de ESO e de quinto e sexto de primaria para recitar poemas de Baldo Ramos, Anxos Romeo, Enma Pedreira, Estíbaliz Espinosa, Marta Dacosta, Modesto Fraga, Luz Campello…A música correu a cargo do alumnado de música do instituto que interpretaron varios poemas de Díaz Castro compostos pola súa profesora Sandra Tenreiro: Vísperas, Noite no mundo, Coma unha espada , demais dun tema , Hei guiarte e...

Propostas das lectoras

Imagen
TÍTULO: Chamábase Luís AUTORA: Marina Mayoral Luís é un home de trinta anos, fráxil. Pertence a unha familia modesta, e está enganchado ás drogas dende os vinte. Ten catro irmáns dos que un morreu por culpa das drogas, e os outros non queren saber nada de él, e dous fillos, Xoaquín e Mónica, de trece e oito anos, dos que non sabe nada. A súa vida é un camiño cara a morte a causa da súa drogodependecia. Vive do que arrepaña no alleo, e da súa nai Rosa, xa que non ten ningún de traballo nen ocupación ningunha. Luís é un ser humano que se consome, fráxil coma un vidro. A súa familia é arrastrada na mesma desesperación, sempre entre o amor e a impotencia, a rabia e a resignaci ón. Facer dunha vida «crónica dunha morte anunciada» tampouco depende por forza do suxeito marcado. É un libro que pode ser o caleidoscopio dos reflexos dunha vida pendente da adicción á heroína con tódolos seus ingredientes, incluíndo mesmo o último castigo, a presencia da sida. Nove testemu...