Entradas

# ETIQUETADOS. Exposición e Investigación na Biblioteca

Imagen
O PROXECTO # ETIQUETADOS EXPOSICIÓN E INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA EXPOSICIÓN DE PRODUTOS Esta exposición de produtos , localizada na biblioteca do centro , enmárcase dentro do proxecto #ETIQUETADOS, que este curso se está levando a cabo en  3º ESO. Este proxecto xorde do interese de analizar a influencia que teñen as etiquetas no comportamento das persoas, tanto no desenvolvemento da propia personalidade coma nas relación cos demais e nos hábitos de consumo. Enfocamos a temática do “etiquetado” dende dúas vertentes: as persoas e os produtos que consumimos. Esta exposición amosa unha recompilación de bens de consumo, que foron seleccionados e achegados polos alumnos e alumnas. A finalidade que se persegue é que sexa o máis representativa posible, da cesta de produtos envasados de consumo habitual, dos fogares do alumnado participante no proxecto . O alumnado, que traballará en grupos de dúas ou tres persoas , analizará a etiqueta de cinco produtos da exposición. Os obxec...

Xeografía poética contemporánea

Imagen
Decembro de 2020:  mes complexo, rebordando probas e traballos para entregar... semellaba que non quedaba osíxeno para respirar. Pero sempre hai oco para a poesía : nesta ocasión no club de lectura de BAC fixemos unha improvisada antoloxía de textos breves , escollidos destas obras de referencia que vos deixamos na imaxe. Botádelles un ollo... seguro que atopades versos ao pé dos que abrigarvos nestes tempos difíciles, como fixemos nós. Foi fai un mes, o 21 de decembro, na biblio, coma sempre, cando as candeas xa alumaban anunciando días de lecer e aínda sen saber que Xela Arias ía ser a protagonista do Día das Letras 2021... Logo volveremos a erguer as nosas voces, neste camiño poético 😏 E máis nestas datas, coas farolas de Guitiriz inzadas de poesía, grazas á Nova Poesía Guitirica!

Biblio Poeta Díaz Castro pecha o trimestre con Antía Yáñez

Imagen
Unha mañá con Antía Yáñez no IES Poeta Díaz Castro. O pasado 18 de decembro rematabamos a primeira avaliación coa visita de Antía Yáñez. Foron moitos os grupos que desfrutaron esta avaliación dos seus libros e non houbo mellor maneira de rematar o trimestre coñecendo e falando persoalmente coa autora. Deixamos un resumo das impresións dos grupos que puideron asistir a este encontro. Biblio Poeta Díaz Castro- Senlleiras-2º Bach     Be Water  foi o libro de lectura obrigatoria en 3º da ESO proposto pola   profe para comezar o curso. O que primeiro que nos chamou á atención foi que o título estivera en inglés e que comezara falando da menstruación! Mais Antía Yáñez explicounos que aínda había moitos temas considerados tabús na sociedade, como é a hixiene íntima da muller, e que ela quería aportar o seu gran de area para reverter esa situación. Ademais, na charla presentounos datos reais e detallados do consumo de auga en diferentes partes do mundo e puidemos ent...

"Volverán esos momentos" Gracias Aula música Díaz Castro- Ele

Imagen
  Tempos de coidar dos que coidan de nós. Enlace ao tema musical no noso canal de You tube Este ano O COIDADO, é a temática sobre a que reflexionamos a nivel de proxecto xeral no centro. A importancia de pararnos  e pensar nos que nos coidan día a día. Valorar o traballo destes colectivos que nestes tempos de pandemia, axudan facendo cousas extraordinarias. Na aula de música, fixemos un arranxo vocal e instrumental, sobre o tema "Volverán esos momentos" de Ele,  para mostrar o noso sinceiro agradecemento. Esta vez dirixido especialmente aos compañeiros do equipo de limpeza do noso instituto. Grazas.  

Clubes de Lectura para tod@s...

Imagen
Este outono deunos moita ocasión para falar de libros: o alumnado de 4º ESO seguiu adentando os relatos breves do s. XIX (na imaxe, sesión de comentario de 'El beso' de Bécquer e 'Vampiro' de Emilia Pardo Bazán); o alumnado de BAC iniciou a súa travesía poética con versos de Manuel Antonio e o colectivo Ronseltz; e os máis novos elixiron como primeira lectura El autobús de Rosa ,  con   Street Poems na recámara... Club de Lectura 4º ESO, 19 de novembro Club de Lectura de Poesía, 13 de novembro Club de Lectura 1º-3º ESO e FP Básica, 20 de novembro Xa vos seguiremos contando o noso periplo lector... estade atent@s!

Cabazas, Lume e Castañas

Imagen
  Cabazas, Lume e Castañas.   Este venres trece de novembro, foi o día elixido para facer o noso magosto coa axuda do alumnado de FP Básica . Eles foron os encargados de facer lume   e liberar así as almas, asando as castañas, en tempos de distancia e illamento social. A xornada de degustación, organizada por quendas, rematou coa entrega de BIBLIO PREMIOS SAMAÍN 20 ao alumnado do primeiro ciclo da E.S.O, protagonistas da decoración das cabazas máis creativas, que viñeron acompañadas de textos terroríficos para espantar os malos espíritos. Creadores das cabazas máis votadas. As cabazas gañadoras. Grazas a todo o alumnado que se animou a participar   e ao profesorado implicado para levar esta actividade adiante .

Outono de letras

Imagen
  Mentres esperamos ao inverno, imos achegando propostas. Sabedes que se conmemora hoxe no ámbito literario? Non? Pois visitade esta páxina a ver se descubrides a algunha coñecida... Quen se achegue mañá a biblio co nome dalgunha delas, recibirá un marcapáxinas como agasallo. En breve faremos unha actividade en homenaxe a Quino, recentemente falecido, autor dunha tira cómica protagonizada por unha rapaza bastante contestataria: seguro que a coñecedes. Aquí vai esta mensaxe súa, tan a xeito para un espazo lector coma este: