Entradas

21 de marzo"Tal como eramos". Escribindo a historia coas fotos antigas.

Imagen
 " Tal como eramos" Escribindo a historia da vida chairega. O pasado martes 21 de marzo, o alumnado de 1º ESO, saíu acompañado coas profesoras de lingua Ana Fernández e Lucía Campañó, para disfrutar da exposición " Tal como eramos", na biblioteca da Casa Habanera, nunha actividade proposta polo equipo KPACES  da biblio do Poeta Díaz Castro. A rapazada de primeiro, tivo a oportunidade de coñecer en persoa a Manolo "Cachán" , que ademais de recopilar e restaurar algunha das fotos é tamén autor dalgunha delas. Manolo contoulles moitas anécdotas e historias das fotografías mais especiais. Conversaron en relación a forma de vida daqueles tempos. Deste xeito tan ameno, tivemos a oportunidade de aprender sobre a vida en Guitiriz, de hai 50 anos ou mais. O cine en cor, a primeira radio que chegou a vila, aquel tractor único; as formas de vivir, traballar e divertirse, nas xuntanzas de amigos e veciños. Forón 120 fotografías, que serán inspiración para os relato...

Todo son contos

Imagen
Primeiro escribir e despois ler. Cada cousa ao seu tempo.  As autoras e os autores deste instituto están sendo convidad@s a participar nun encontro co público lector  para falar da súa creación.  Polo de agora houbo tres chamamentos, con moito éxito. A próxima semana seguiremos coas lecturas dos microrrelatos o luns e o xoves, no recreo. Aquí tedes un exemplo desta dinámica, coa gañadora do accésit de adultos. Hugo Sanmartín, accésit na categoría B, falounos do seu relato Aquí con María Gómez, 1º premio de adultas, e Marbelys Lara A sección de maiores do clube de lectura tamén se reuniu nestas datas para comentar o Tierra e A neta do señor Linh . Coma sempre, a xuntanza deu para bastante máis que falar de libros... grazas polo convite, Anabel! O clube de conversa segue dando que falar en portugués. Desta volta, non demos puntada sen fío! E aínda máis: o alumnado de FP Básica e do Ciclo Medio de soldadura animouse a escribir relatos a partir dalgúns debuxos de Cous...

Todos os camiños levan a Vilalba

Imagen
Despois das convocatorias, veñen os premios ! E para dalos, houbo que xulgar as historias . Un motivo máis para encontrármonos na biblio... O martes 24 fíxose público o dictame dos xurados. Aproveitamos os microrrelatos que entrecruzamos co IES Basanta Silva para ir aló, entregar e recoller galardóns. Recibíronnos cun acto moi chulo, no que o alumnado do grupo de apoio á comunidade LTGBIQ+, "Malas herbas " leu un manifesto, e tamén houbo actuacións musicais e recital poético.  Velaí o alumnado e profesorado de Guitiriz que gañou algún premio, máis figurantes A rapazada de Guitiriz e Vilalba, ademais tivo ocasión de participar en varios obradoiros esa mañá, grazas á colaboración do alumnado de BAC do IES Poeta Díaz Castro. Toda unha experiencia... de libro! A Sabela, da biblioteca Agustín Fernández Paz, debémoslle esta pequena mostra   do que foi aquilo.   "Quen son?", obradoiro de linguaxe inclusiva "Zona de plaxios", obradoiro de recreación literaria ...

Día da Ilustración.

Imagen

Fin de trimestre de medo

Imagen
Decembro foi terrorífico, nunca mellor dito. Pensaredes nos exames... pois non!  Onde ían xa... e despois da avaliación, comezou a vertixe da escrita para o I Certame de  Microrrelatos de terror (os nosos entrecruzaránse cos de Vilalba), no que alumnado e profesorado metían mooooito medo.  Neste mosaico apréciase tanto a fase de produción como a de posta en común Isto foi o ramo da biblio no 2022, onde houbo tamén neste trimestre club de conversa en portugués , hora de ler (cóntame un libro), e a xuntanza da sección de adultas do CL, onde os medos tamén atoparon oco.  A conversa tivo como motivo central o xadrez, o origami... Alumnado de 3º ESO presentando libros aos compañeiros Estes foron as primeiras  lecturas deste curso das lectoras veteranas, que puxeron en común, ademais de unha manchea de propostas, algúns dos seus medos para unha composición colectiva. En breve colgarémola neste espazo.  A seguinte xuntanza terá como referencias Tierra , de Eloy M...

16 de decembro. Clausura da Exposición " A pedra coa mirada de Ramón Villar"

Imagen
                                                                               A pedra de Ramón Villar ,                      baixo a mirada do alumnado de 1º ESO.                                 Equipo KPACES con Alfonso Blanco e Ramón Villar   Relatos inspirados nas esculturas. Chegou o día! . Hoxe clausurase a exposición a pedra coa mirada de Ramón Villar. Contamos neste acto coa sorpresa da asistencia de Alfonso Blanco Torrado. Dinamizador cultural en Guitiriz e na asociación cultural Xermolos desde a cal se organiza o Festival de Pardiñas cada ano. O alumnado d e1º ESO, está nervioso pòlo feito de ler os seus relatos diante do canteiro Ramón ...

Fabricando un Cadrante Nautico

Imagen
Marines de 1º ESO, creando  o seu cadrante náutico. Hoxe na biblio sentímonos como marines, creando o noso cuadrante náutico co a axuda de Jairo o profe de Xeografía e historia. Así comezamos as actividade do mes da ciencia en galego, Xa estamos listos para medir os ángulos en astronomía e navegar rexistrando a nosa posición en relación á estrela polar. Neste post s eguiremos recollendo novas ideas e obradoiros na biblio neste mes. Se tedes algunha idea, adiante! Vinde a contala á vosa biblioteca, aquí tedes un equipo para axudarvos.