Entradas

kPACES, da música tradicional ao trap con Branca Villares.

Imagen
  Encontro do Biblio Equipo KPACES  con Branca Villares. Alumnado de 3º ESO cos compañeiros do Grupo de Memoria na Biblio " Casa Habanera". O pasado venres 18  o equipo KPACES da biblio do Poeta Díaz Castro, iniciou as actividades cos seus compañeiros e compañeiras do Grupo de Memoria, convidados por Ana Pérez  da biblioteca do concello "Casa Habanera".  Este primeiro encontro enmarcado dentro do Programa " Ler Conta Moito" iniciose co obradoiro de Branca Villares; " Baila Morena" ; unha viaxe a golpe de pandeireta desde a música tradicional ao Trap, poñendo o ollo nas letras que se cantaban e as que se cantan, xénero e violencia sexual . Abriuse un intenso debate no que maiores e novos expresaron opinións e inquietudes desde ambalas dúas xeracións. Non hai mellor maneira de conmemorar o "Día das Bibliotecas". O alumnado do equipo KPACES , xa está a traballar en novas actividades que realizarán cooperativamente coa veciñanza de Guti...

Todos os camiños por percorrer

Imagen
  Setembro sempre vai un pouco a ralentí. Este ano metémonos nos libros  en outubro, que xa é outra cousa. Aquí nos tedes hoxe, matinando rumbos posibles para o Club de Lectura deste ano. 

Partiu!

Imagen
Peche das actividades do Club de lectura deste curso:  - Últimas lecturas: microrrelatos gañadores locais O mércores 5 de xuño léronse os microrrelatos de Guitiriz que obtiveron un accésit nalgunha categoría O venres 7 de xuño tocoulles a quenda aos textos gañadores nas tres categorías e ao "Relato de taller" - Panel resumo da actividade e miniobradoiro de escrita creativa na feira de proxectos do centro Por suposto, as nosas autoedicións dos relatos deste II Certame de microrrelatos "Co medo no corpo", estiveron presentes nese espazo. E para persoas con menos ímpeto lector, alí estaban tamén os boletíns de textos gañadores dos dous centros... non hai escapatoria que valla! - Xuntanza da sección de adultas: e nesta última semana de xuño tivemos o faladoiro ( Contármonos ,  Las hijas de la criada  e  As alumnas )   de fin de curso. No verán viaxaremos polas páxinas de La comunidad de Helene Flood e O perfume , de Patrick Süskind, entre outras aventuras lector...

Xogo e vida no centro. Patios inclusivos.

Imagen
  Xogo e vida no centro; patios dinámicos. No presente curso, o alumnado de 2 ESO estivo a traballar sobre a idea de “patios dinámicos”, que forma parte da obra intelectual de Gey Laga r . A través do traballo desenvolto  no Proxecto Competencial, búscase contribuír á inclusión social no contexto escolar. Patios Dinámicos quere recuperar a esencia do xogo grupal e a interacción social entre iguais. Desde o proxecto tamén consideramos que o xogo axuda a desenvolver a identidade propia, tanto no plano individual, como no colectivo, como centro educativo. Neste sentido, a organización das actividades desenvolvidas estivo moi dirixida no primeiro  trimestre do curso. O alumnado da materia de Proxecto Competencia l , foi gañando autonomía ao longo do curso. No terceiro  trimestre, foron quen de montar e desmontar todo o necesario con axilidade e sen axuda por  parte do profesor. Incluso unha parte do alumnado non implicado directamente se sum...

Radio Fábrica de Poetas. Encontros con autoras

Imagen
   Eva Teixeiro atrapada nas ondas da Radio Fábrica de Poetas.  Alumnado de 1º e 3º da ESO, traballando nas Arañeiras Poéticas sobre mapa.gal Non temos claro, si esto foi unha entrevista ou un secuestro. Na Radio Fábrica de Poetas todo pode suceder. Non podíamos perder a oportunidade de sorprender e entrevistar na nosa Biblio a Eva Teixeiro que publicou neste curso escolar mapa.gal. Eva viuse atrapada na Arañeira Poética que estivemos diseñando co alumnado de Proxecto Competencial de 1º e 3º ESO dentro do proxecto KPACES; paliños que tecían os versos do seu poemario e que resultaron ser a trampa para atrapala no momento en que pensaba que tería clase co seu alumnado de 1º ESO.. Hoxe na radio entrevistaron a Eva dous dos seus alumnos Xavi e Alejandro. A pesar da inmediatez E improvisación para collela por sorpresa, así de interesante resultou coñecer mellor a a nosa profe de lingua. Grazas Eva, por seguir a onda da Radio Fábrica de Poetas!.