Aos seus fillos Marisa e Enrique e ao investigador Luís Lamela.
A derradeira lección da mestra
foi alongarse da preposición propia
indo contra corrente cara á suma.
foi alongarse da preposición propia
indo contra corrente cara á suma.
A derradeira lección da mestra
foi debuxar con xiz sobre o verbo
as ondas orixinais de Corcubión.
foi debuxar con xiz sobre o verbo
as ondas orixinais de Corcubión.
A derradeira lección da mestra
foi a primeira clase obreira
na súa escola laica de Monelos.
foi a primeira clase obreira
na súa escola laica de Monelos.
A derradeira lección da mestra
foi amar no prisma da Coruña
e concibir planetas e cadernos.
foi amar no prisma da Coruña
e concibir planetas e cadernos.
A derradeira lección da mestra
foi enterrada ao raso en Vilarraso
como toda a inocencia da lousa.
foi enterrada ao raso en Vilarraso
como toda a inocencia da lousa.
Ocultárona lonxe dos pupitres parapetos
para que ninguén aprendese o silabario
da súa última clase marsupial,
pero as vogais axexaban na Fervenza;
os mapas, na Ponte da Castellana;
o xerundio, no Chelo da Espenuca;
na Costa do Sal, a raíz cadrada;
no Barranco da Loba, o cartabón;
nos Montes do Gato, a clorofila,
e a fluvial regra de tres nos afluentes
libres coma libros pola Serra da Loba
para que ninguén aprendese o silabario
da súa última clase marsupial,
pero as vogais axexaban na Fervenza;
os mapas, na Ponte da Castellana;
o xerundio, no Chelo da Espenuca;
na Costa do Sal, a raíz cadrada;
no Barranco da Loba, o cartabón;
nos Montes do Gato, a clorofila,
e a fluvial regra de tres nos afluentes
libres coma libros pola Serra da Loba
A derradeira lección da mestra
foi metrallada nas terras de Aranga
escritas no monte polo río Mandeo.
foi metrallada nas terras de Aranga
escritas no monte polo río Mandeo.
esta poesia es muy triste una profesora que solo queria ensinar e que a mataran por ensinar politica a min pareceme moi inxusto menos mal que oxe en dia non suceden esas cousas
ResponderEliminarsandra 1º da eso a
O día 29 deste mes realizarase unha homenaxe en Monelos,A Coruña onde era mestra e no mes de xuño haberá unhas charlas en Betanzos e Guitiriz sobre a represión nesta comarca, (5 de Xuño en Guitiriz) O día 12 de Xuño un roteiro recorrerá as fosas comúns de Santa Mariña, Villarraso, onde está soterrada a mestra, e Aranga.
ResponderEliminarHola! Chámome Fernando Sancho e son afeccionado a literatura, a poesía e a paisaxe.
ResponderEliminarQuero felicitarvos polo voso blog e sobre todo por este empuxe da poesía, últimamente olvidada pola sociedade actual.
Nos vindeiros meses publicarase o meu poemario "O discurso do bosque" e quería invitarvos a que entredes no meu blog do mesmo nome " O discurso do Bosque" e pedirvos agarimosamente que participedes nel para darlle vida e dinamismo.
Moitas grazas por compartir tempo e imaxes literarias.