LECTURAS COMPARTIDAS COA VISITA DOS FUTUROS ALUMNOS DE 1º ESO Este pasado venres 24, foi unha xornada especial para o alumnado do IES Poeta Díaz Castro. Recibimos a visita do alumnado de primaria dos centros veciños (Parga, Lagostelle). Os alumnos do centro foron os seus guías e ensináronlle as instalacións e compartiron experiencias e consellos con eles. Para finalizar, seguimos conmemorando este día e a mellor maneira de facelo foi compartindo lecturas . Xuntámonos na aula de música para coñecer o Cantigueiro de Cotobade de Antón Fraguas . Os nosos compañeiros de 4º da ESO e a profesora de música Sandra Tenreiro, axudaron para facer unha homenaxe ao autor das Letras Galegas 19, creando un rap, casi de forma improvisada nuns vinte minutos. O resultado neste vídeo que deixamos aquí. Xornada fabulosa. Agardámosvos no centro futuros compañeiros!
Entradas
LUCÍA CAMPOS PREMIADA NO CONCURSO DE LITERATURA UNIVERSAL
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
As alumnas de 1º BAC Aida Cobas, Uxía López e Isabel Saavedra crearon un xogo tomando como base grandes obras da Literatura Universal. Seleccionando os fragmentos das obras da Literatura Universal O reto consistía en atopar o autor e a obra dunha serie de fragmentos literarios distribuídos por todo o centro. As obras seleccionadas O seu obxectivo era dar a conocer esas obras que foron selccionadas previamente por elas e contribuír ao proxecto de centro deste curso "Desconecta". O premio foi para Lucía Campos de 2º BAC que recolleu na Biblioteca as súas entradas de cine. Uxía López entrega o premio a Lucía Campos. As alumnas que crearon o xogo, Aida, Uxía e Isabel coa gañadora Lucía Campos.
Presentación do libro Frágiles recuerdos de Minerva Varela
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O venres 10 de maio unha exalumna do centro, Minerva Varela Saa, presentou a súa primeira novela Frágiles recuerdos na librería Trama de Lugo. A presentación correu a cargo da profesora e escritora Conchi Sanfiz que destacou a importancia que teñen na obra os espazos polos que viaxa a protagonista e que son a base desas lembranzas que constitúen o eixe temático da novela. Noraboa Minerva!
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O proxecto DESCONECTA na biblio. Retos Matemáticos. O proxecto de centro "Desconecta" elaborado no centro para tomar consciencia do uso que facemos das pantallas e dispositivos móbiles e tamén para dar ao alumnado novas alternativas para o seu tempo de lecer. Estas son algunhas das actividades realizadas ao longo do curso: Os xogos e retos matemáticos realizados na biblioteca coa axuda dos nosos compañeiros de matemáticas, foi unha das actuacións relevantes dentro do proxecto de centro "DESCONECTA " neste curso escolar. Numerosos alumnos pasaron pola biblioteca diariamente, para resolver durante o tempo de lecer os enigmas matemáticos e algúns dos tamgran asociados ao refraneiro popular. Unha forma divertida e amena de achegarse á matemática e á ciencia e "Desconectarse" e aprender sin a utilización de móbiles e outros dispositivos electrónicos. Ademais dentro deste proxecto realizáronse outras propostas para achegar aos alumnos a unha...
DESPEDIDA DO ALUMNADO DE 2º BAC
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
O pasado venres 10 de maio despedimos aos alumnos de 2º BAC que remataron a súa andadura no centro. A profesora Manu Balsa organizou e dirixiu unha gala na que os mestres de ceremonia foron os alumnos de 1º ESO. Houbo varias actuacións que sorprenderon aos homenaxeados coma os bailes de Richard de 3º ESO e das alumnas Lucía e Daniela de 1º ESO, os chistes de Juan de 1º BAC, o recitado do poema "Viaxe a Ítaca" por parte de Maite e a música de Laura e Nuria de 4º ESO. Por parte dos profesores, Fran interpretou un rap que fixo as delicias de todos. A titora Teresa e a delegada Thalía dixeron unhas palabras e o acto rematou cuns agasallos que lles foron entregados a todos os alumnos de 2º BAC aos que despedimos con tristeza pero desexándolles unha feliz nova etapa.
MICROMACHISMOS NO DEPORTE.
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones
Os días 26 e 28 de marzo, o alumnado das seccións bilingües de Educación Física de 3º, 4º ESO e 1º BAC no tempo de lecer, fixemos unhas representacións na entrada do IES acerca de "Micromachismos no deporte". En primeiro lugar, a profesora de Educación Física: Noemí xunto coa auxiliar de conversa: Elena, ensinaron ao alumnado vídeos famosos totalmente normalizados dos que antes non nos decataramos dos actos machistas que neles tiñan lugar. Despois estivemos falando do tema e incluso nos comentaron experiencias persoais que elas viviran, como que en Arxentina as mulleres non podían acceder ao estadio a ver partidos de fútbol se non ían acompañadas con homes, con xustificacións tales como que podía ser perigoso para elas por iso tiñan que ir cun home que as protexera. A partir de tratar o tema, dividímonos en grupos e cada grupo elixiu un micromachismo para representar mediante comunicación oral: inglés e comunicación corporal: expresión corporal; algúns dos mi...
"É verdade que un pode" de Rosalía de Castro
- Obtener enlace
- X
- Correo electrónico
- Otras aplicaciones