Entradas

TALLER DE POESÍA

Imagen
Obradoiro de poesía con Chus Otero entorno a poesía de Díaz Castro para alumnado de 1º e 2º ESO. Realizáronse diversas actividades e xogos para achegarse dun xeito máis lúdico e divertido á poesía de Díaz Castro Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro.

A lus do Mundo no Vilariño.

Imagen
ACABAMOS CON POESÍA E MÚSICA E COMEZAMOS CON MUSICA E POESÍA Ninguén nos vai parar!!, no IES Poeta Díaz Castro, a cultura e a expresión...non son covardes. Así comezábamos a nosa intervención, nos actos culturais celebrados o pasado 14 de outubro (2014), na palleira da casa natal do noso poeta, onde presentaron as súas obras, algúns dos escritores e escultores da actualidade cultural galega homenaxeando a Díaz Castro:Tosar, Ramón Villar, Xabier R. Barrio... Os rapaces de música do centro , contentos de ser convidados como músicos para amenizar este acto organizado pola Deputación de Lugo e no que aseguro traballamos coma verdadeiros profesionais. Sen esperalo, emocionounos que nos presentaran como o grupo de música:“ A lus do mundo”. Antes de cantar os poemas “Vísperas”, “Penélope” e “A noite é necesaria” , musicados pola nosa profesora Sandra Tenreiro, Margarita e Paula leron os seguintes versos: “ Podemos caer, desfacernos, ...equivocarnos, mais sabemos coller ...

A FUSIÓN DA POESÍA, A FOTOGRAFÍA E A MÚSICA

Imagen
As fotografías feitas polo alumnado de 4º da ESO no obradoiro de “Fotografía en Curso” dentro do PLAN PROXECTA, dirixidos polo prestixioso Vari Caramés e coordinados pola nosa profesora Nuria Pena , deixáronse fundir coa poesía de X.M Díaz Castro e a música composta e interpretada por Sandra Tenreiro , sobre o poema “Coma unha espada”...sen mais...”A Beleza fireume para sempre”. Seguimos traballando nas aulas con novos poemas, fotografías e música, esta vez interpretada polos propios alumnos de música. En nada teredes novidades coas que deleitar os sentidos.
ELABORACIÓN DUNHA PRESENTACIÓN EN POWER-POINT ESO BAC 1. Ten en conta que a redacción será máis parecida a un esquema. Tes que ter a información moi organizada e ben estruturada. A realización dun bo esquema previo é fundamental. 2. Fai unha diapositiva co Índice 3. Fai unha diapositiva cunha introdución. 4. Cada Diapositiva debe corresponderse cun apartado ou subapartado do teu esquema. Si un apartado é moi longo podes ter que fragmentalo. As ideas complexas deben dividirse en unidades simples que faciliten a súa exposición.  En cada diapositiva destaca claramente o título ou apartado que trata. Utiliza sempre o mesmo tamaño de letra e cor para indicar os capítulos  e outro para subapartados 5. Redacta frases curtas, non máis de 10 palabras por frase. No uses textos extensos o recargados 6. Procura non poñer máis de 6  liñas ou puntos por diapositiva (6 puntos de esquema, aí...

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS EN LUGO

Imagen
O luns 26 repetimos en Lugo, no IES Lucus Augusti. De novo ante uns 300 rapaces e razas do IES Xoán Montes, Muralla Romana, Virxe dos Ollos Grandes, Ánxel Fole, Lucus Augusti e Leiras Pulpeiro explicamos os nosos proxectos e proxectamos a peli. O acto resultou moi animado. Ó final Antía de 1º ESO animouse a cantar ESA LUS, o inesperado éxito musical deste curso. Antes e despois, no hall do centro, alumnos e alumnas dos centros asistentes puideron facerse fotos cos protagonistas da peli. Nos tamén aproveitamos para facernos algunha que outra foto. Se queres baixar fotos preme aquí

OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS

Imagen
O martes 20 de maio presentamos “Os camiños esquencidos” na Coruña, no centro Ágora. O acto foi organizado pola Biblioteca do IES Poeta Díaz Castro en colaboración coa Biblioteca do Ágora. O acto foi un homenaxe ao poeta do Vilariño no que particioaron uns 500 alumnos e alumnas de varios IES da Coruña, invitados a través das bibliotecas do seus centros: IES Urbano Lugrís, IES monte das moas, IES maximino Romero de lema de baio, IES Elviña, IES Ramón Menéndez Pidal, IES Agra do Orzán, IES Rafael Dieste, IES Monelos, Colexio Liceo la Paz .  Os recordos que constrúen a nosa identidade as veces non nos pertencen, son froito das persoas que coñecemos, das vivencias escoitadas, dos lugares, os sabores ou incluso as lecturas que nos impactan. Como a poesía, que cando se nos agarra dentro pode tomar vida propia, allea ó seu autor e destino inicial. Esta é a idea que desenvolveu o obradoiro de literatura e audiovisual do IES Poeta Díaz Castro para facer a curtametraxe Os cami...

LETRAS GALEGAS NO MERCADO

Imagen
Como en anos anteriores, a Biblioteca e o EDLG do IES Poeta Díaz Castro celebraron o mércores anterior ó 17 de maio o a Festa das Letras Galegas na praza da vila. Participaron nos actos ademais do alumnado do IES, o alumnado dos colexios de Parga e Lagostelle e alumnado da Escola Municipal de Música. Tivemos un día ben fermoso e case cegados de tanta lus os pequenos dos coles e do instituto recitaron e can taron. A escola de música puxo as gaitas, pandeiros e bombos e o alumnado de musica do insti, da man da súa profesora Sandra Tenreiro, presentou tres novos e fermosos temas, con letra de Díaz Castro e música de Sandra: Esmeralda , Remuíños e Vísperas . Feridos quedamos de tanta beleza. Unha homenaxe sentida é alegre por parte dos rapaces e rapazas a un poeta que sente como algo seu. A celebración continuou o venres coa presentación no instituto da curtametraxe “ Os camiños esquencidos ” realizada polo alumnado é profesorado do insti baixo a dirección de Cristina de ...