Entradas

DIA DA BIBLIOTECA

Imagen
Hoxe celebramos o Día d Biblioteca. A elixida este ano para facer o pregón foi a autora galega Ledicia Costas. Gustounos tanto que decidimos lelo polas aulas para recordar a todos este día, aínda que  “ Sería xenial montar unha festa con confeti e pompas de xabón. Unha cousa grande” como propón Ledicia  no seu pregón. Por certo gustounos moito a visión que da dos bibliotecarios,  gracias polo deintelixentes “As bibliotecas albergan seres con antenas xiratorias, cerebros milliométricos que memorizan títulos rebuscados, rimbombantes, campanudos. As persoas que custodian os libros sempre me pareceron criaturas singulares. Están dotadas de extremidades retráctiles que estiran e estiran ata alcanzar aquel volume ao que semellaba imposible acceder. E logo, coma se nada, recompóñense e todo volve á súa posición natural. Semellan seres humanos, mais a pouco que os observes, percibirás que non son de aquí. Unha das cousas que máis me fascina é o seu cerebro. Parécenm...

DESPEDIDA PROMOCIÓN 2016

Imagen
Onte despedimos unha nova promoción de 2º de BAC. Xa o pasado venres 13 os seus compañeiros encargáronse de brindarlles un pequeno homenaxe cheo de emocións e algunhas lágrimas. Onte xunto, coas súas familias e os seus profesores celebraron a súa graduación. Para a nos marcha unha promoción especial, pois moitos deles colaboraron moito con con esta biblioteca: nas labores de préstamo, en toda canta actividade realizamos e sobre todo leron, leron moito. Así queremos brindarlles tamen noso pequeno homenaxe con estas imaxes. Se queredes ver máis fotos da graduación e da despedida dos compañeiros premer aquí

CARREIRA SOLIDARIA

Imagen
            O día 3 de maio realizouse unha carreira solidaria para as comunidades educativas do CEIP Plurilingüe Santo Estevo de Parga , CEIP Lagostelle e IES Poeta Díaz Castro ambos centros educativos de Guitiriz, organizada polos departamentos de Educación Física e Orientación Educativa dos distintos centros, ademáis de contar coa colaboración de profesorado, encargado de actividades extraescolares e complementarias e das bibliotecas escolares dos tres centros que aportaron un lote de libros para sortear entre os participantes             Os cartos recaudados foron destinados ao “Plan de emerxencia social”, consistente en axudar a familias de recursos limitados do Concello de Guitiriz, no aluguer de vivenda, calefacción, alimentos frescos, …             A asistencia foi nomerosa e  a xornada transcurriu nun ambente festivo e...

PINGAS DE AUGA.

Imagen
Unha curtametraxe que nace na aula de música. "Pingas de Auga" é o título da curtametraxe   creada na aula de música de 2º da ESO , dirixida pola súa profesora Sandra Tenreiro . Un proxecto didáctico audiovisual para facer fronte ao acoso escolar. O alumnado de música púxose na pel dun alumno que estivese nesta situación e expuxo as súas ideas, ademais inspiráronse para crear na percusión un tema musical que reflectise o sentimento de medo e inseguridade dun rapaz nesta situación...e conseguírono. O tema musical principal da curtametraxe chamado tamén " PINGAS DE AUGA " composto por Sandra Tenreiro, fala do paralelismo entre a sensibilidade dunha pinga de auga e a fraxilidade dun alumno ante determinadas situacións. O tema principal da súa banda sonora, describe a similitude entre un rapaz e unha pinga de auga: "Pingas de auga, reflectindo a luz do sol, esvarando nun cristal. Pingas de auga, diferentes pero iguais, coa súa forma peculiar. Un diamant...

COMPARTINDO CONTOS 2016

Imagen
Como todos os ano non faltamos a nosa cita cos contos para celebrar o día do libro. O pasado mércores 27 presentámonos de novo nos colexios de Lagostelle, Parga e Gutitirz para compartir un ratiño de lectura e diversión cos máis pequenos. Na actividade participaron uns 100 alumnos e alumnas do instituto (todo o alumnado de 1º, 2º e 3º de ESO) e o alumnado  de infantil e primeiros cursos de primaria dos tres colexios. Limos con e para os pequenos na biblioteca, nos corredores, nas aulas, sentados, tirados polo chan... calquera sitio para compartir un conto. Ademais o noso alumnado de 3º de ESO preparou coa súa profesora de música Sandra Tenreiro oito contos musicados que interpretaron con soltura e gracia diante dos pequenos dos diferentes coles que os seguiron con moita atención e, nalgún momento, entusiasmo. Acabamos a xornada pintando o patio do cole con ideas, imaxes o calquera cousa inspirada, supoñemos, polos conto. Compartindo lecturas, pinturas e xogos cos mais peq...

NIMBOS DE MÚSICA.

Imagen
25 DE Abril superado!! O alumnado de música de Bacharelato deixaba esta mañá gravados 6 poemas da obra poética de Díaz Castro: Cova Alumada, Vísperas, Esmeralda,Coma unha espada, e dous poemas inéditos; Noite do Mundo e Ventos Fuxidos tamén composicións de Sandra Tenreiro. Completando a sesión o alumnado de música de 4º ESO coa gravación de Remuíño de Díaz Castro, e o Canto ao idioma galego de Manuel María. A música que encheu o salón de actos do IES Poeta Díaz Castro, conseguiu emocionar en moitos momentos a o noso grande técnico de son Goyo Velasco de Marmelada de RE, grazas a el...hoxe foi posible rematar este gran proxecto. Pagou a pena o esforzo!. Esgotados, pero moi satisfeitos... Seguiremos traballando porque somos os músicos do IES Poeta Díaz Castro, somos " A lus do mundo".

FALAN AS ALUMNAS

Imagen
O venres 1 de abril, o IES Poeta Díaz Castro estaba convidado na IV Xornada sobre  Contratos-Programa no Pazo de Congresos de Santiago para explicar as catro actuacións que levamos realizadas na modalidade de excelencia, dende o  2012 ata o 2016: as produccións de audiovisual   A LUS DO MUNDO   e   OS CAMIÑOS ESQUENCIDOS,   así como os nosos    Roteiros   A ALDEA DO NENO PEPE , polo Vilariño dos Vilares,  e   A FÁBRICA DE POETAS , pola vila de Guitiriz. Asistimos, como ven sendo habitual, cun grupo de alumnado que foi o encargado de explicar as nosas actuacións e as súas impresións do resultado acadado. Sempre co obxectivo de que os nosos mozos e mozas sexan os protagonistas do seu proceso de aprendizaxe. Unha representación de 2º ESO presentaron as películas e as actividades desenvolvidas polos guías nos roteiros, en plena fase de recepción de visitas de alumnado de centros educativos e institucións como a Universidade S...