Entradas

Brancas e negras

Imagen
  "Problema de xadrez" (de  Instrucións para tomar café , Manuel Núñez Singala) ou como cambiou o conto...  Seguimos coas partida do taboleiro, e coa das letras sobre o papel, brancas e negras: a seguinte é Novela de xadrez , de Stefan Zweig.

Taboleiro de xogo

Imagen
Retomamos as xuntanzas , despois da paréntese examinatoria...  Mañá imos comentar unha breve historia que atinxe ao xadrez , aproveitando que está tendo lugar o campionato na biblioteca.  Nesta ocasión teremos con nós dous convidados moi a xeito para o caso... non volo perdades! Por outra parte, ide afiando os lapis,  que toca darlles uso en breve!!! Imaxe da sesión do 27 de novembro, na Escola Habanera, e anticipación das próximas lecturas A sección menos xuvenil deste club de lectura empatou o comentario de La biblioteca de los buenos comienzos , de Michiko Aoyama e a presentación de mapa.gal , de Eva Teixeiro, aproveitando o último capítulo desta novela biblófila: todo poesía!

A tradición oral. Contos e cantigas.

Imagen
  A tradición oral. Conversas e cantos do equipo KPACES. O equipo KPACES da Biblio Poeta Díaz Castro, saíu hoxe ao encontro cos seus compañeires maiores na procura de contos e cantos, na Biblio "Casa Habanera".  Nós levávamos o traballo feito, xa que na clase de música estivemos traballando este mes de novembro, na creación de cantigas. Cantos de arado, cantos de berce, foliadas, pandeiradas e romances feitos por nós mesmos inspirándonos nos cancioneiros de mulleres como Dorothé Shubart entre outras.  Aprendendo con Rufi uns toques de pandeireta. Cargados de pandeiretas, pandeiros e letras, entre as que destacou hoxe a composición da alumna de 3º ESO Lucía Vilasuso, que compuxo a cantiga titulada "Burela" . A nosa veciña Rufi, acompañounos coa súas cunchas e a pandeireta e integrouse no grupo co resto de compañeiras e compañeiros do Grupo de Memoria, da Biblioteca Casa Habanera. O alumnado aproveitou ben os coñecemento...

Constelación Lectora. O traballo que non se ve.

Imagen
  CONSTELACIÓN LECTORA TRABALLANDO para os  PUNTOS DE LECTURA. Montando expositores e seleccionando lecturas. O equipo KPACES na Biblio do Poeta Díaz Castro, traballa para montar, organizar e levar os puntos de lectura que se activaran no pobo e comarcas dos arredores. Paqui no seu invernadoiro, Ana de Amador, na súa Ferretería e Fernando no Café " O Recreo"de Parga, recibirán estes postos de lectura.  Puntos de luz activos xestionados desde a Biblioteca Poeta Díaz Castro, para compartir recursos de forma aberta coa comunidade. Empréstitos, solicitudes e experiencias veciñais lectoras. Editanto e plastificando cartelería para os postos.  Nas fotos podedes ver a este equipo, que traballa na sesión de 50 minuto semanais, na materia de Prox. Competencial e ás veces tamén desde Valores,  para preparar todo. Xa nos falta pouquiño... Facendo Biblioteca desde o IES Poeta Díaz Castro!

Sempre ás carreiras

Imagen
Aínda non saímos dunha para meternos noutra: sempre a mesma   historia . Libramos do malfadado Samaín para entrar no infernal calendario avaliador. Así non hai quen dea metido dente nas lecturas. Aínda ben que non perdemos a ninguén no túnel do terror... Poñendo en común e organizando as actividades de Samaín A sección de persoas adultas tamén iniciou o curso. Desta vez foi con La comunidad (Helene Flood) e O perfume , de Patrick Süskind. Emigrantes , de Shaun Tan, segue coa súa xira. Vai camiño de ser tan popular no noso club coma Instrucións para tomar café , o convite lector para quen ven por primeira vez. Cara a finais de novembro, comentario e presentación do seguinte bloque de lecturas, nun dous por un!

A Constelación Lectora da Biblio Poeta Díaz Castro

Imagen
  Na busca das estrelas da nosa  Constelación Lectora. Hoxe o alumnado da materia de Proxecto Competencial, camiñou polo pobo, buscando a dúas estrelas, que marcan puntos no  mapa da nosa Constelación Lectora. Son puntos de lectura con recursos compartidos desde a Biblioteca do Poeta Díaz Castro, puntos de lectura para a veciñanza, abrindo aínda mais as portas da biblioteca do instituto á comunidade. Equipo Kpaces con Paqui, unha das estrelas desta Constelación Lectora en Guitiriz. O equipo da biblio KPACES, saiu a falar con Ana na Ferretería (Ferretería de Amador)   e tamén con Paqui na súa floristería-invernadoiro . Estes negocios acolleran dous dos puntos de lectura, empréstitos e devolucións, mais accesibles para a veciñanza, nos que poden ademais facernos solicitudes. Diante da Ferretería de Amador, logo de falar con Ana, a nosa segunda estrela lectora. Paqui, xa ten experiencia como colaboradora no centro en diversas actividades ...

kPACES, da música tradicional ao trap con Branca Villares.

Imagen
  Encontro do Biblio Equipo KPACES  con Branca Villares. Alumnado de 3º ESO cos compañeiros do Grupo de Memoria na Biblio " Casa Habanera". O pasado venres 18  o equipo KPACES da biblio do Poeta Díaz Castro, iniciou as actividades cos seus compañeiros e compañeiras do Grupo de Memoria, convidados por Ana Pérez  da biblioteca do concello "Casa Habanera".  Este primeiro encontro enmarcado dentro do Programa " Ler Conta Moito" iniciose co obradoiro de Branca Villares; " Baila Morena" ; unha viaxe a golpe de pandeireta desde a música tradicional ao Trap, poñendo o ollo nas letras que se cantaban e as que se cantan, xénero e violencia sexual . Abriuse un intenso debate no que maiores e novos expresaron opinións e inquietudes desde ambalas dúas xeracións. Non hai mellor maneira de conmemorar o "Día das Bibliotecas". O alumnado do equipo KPACES , xa está a traballar en novas actividades que realizarán cooperativamente coa veciñanza de Guti...